"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Diferenzas entre helicópteros

| sexta-feira, agosto 26, 2005

Hola compañeiros: o outro día tralo fatídico accidente militar sufrido polo exército español nas inhóspitas terras afganas, conmocioneime moito ó saber que dezasete militares morreran, parte de eles pertencían á Brilat (brigada aerotransportable con base en Figueirido, Pontevedra), que partiron cara alá fai pouco tempo. Nese continxente ían 10 galegos, e algúns deles eran veciños meus, polo que no meu pobo respirouse certo ambente de crispación e incertidume ata que se coñeceron os nomes dos militares mortos. Con isto quero decir que non é moi alentador para as familias dos militares e para os seus amigos, que certo partido da oposición intentando desbancar a transparente acción do goberno (a cal eles non tiveron no caso Yakolev) dicindo que os helicópteros Cougar de fabricación francesa son menos seguros cos Chinook de fabricación americana. Contra isto digo que os Cougar foron adquiridos na década dos noventa e son helicópteros totalmente seguros e de maior maniobrabilidade cos Chinook, non sei que técnico lle diría esa mentira, pero Sñor. Rajoy, non poña argumentos inútiles e sen sentido, os cales poden ferir ás familias, porque para o que sabe vostede de aeronáutica é mellor que se cale, xa sei que vostede é máis americano que europeo e todo iso, pero respete ás familias e non continúe dicindo barbaries como que quedaron restos humanos na zona do accidente ou que "Sabe Deus o que viaxa nos ataúdes". Se o voso goberno non soubo
xestionar un accidente deste tipo, non lle boten as culpas ós demais.
(Na primeira foto helicóptero Chinook, na segunda foto helicóptero Cougar).
Artigo creado por Jacobo Portela, compañeiro e amigo de instituto, agora estudante de enxeñería técnica aeronáutica na Universidade Politénica de Madrid.

1 comentário:

Alberte disse...

Estou dacordo co meu compañeiro jacobo