"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Día da Galiza mártir

| quinta-feira, agosto 25, 2005
17 de agosto, Día da Galiza mártir. Non enterran cadáveres, enterran semente.
Estas imaxes van na honra de Alexandre Bóveda, o mártir da Galiza por excelenza, mais non quero esquecer a todos os Alexandres Bóveda que houbo, e que seguen enterrados baixo terra en fosas comúns.
Hai que fomentar o recordo da Guerra Incivil, porque se o esquecemos pódenos volver a ocorrer. O esquezo voluntario produce a absolución daquela guerra e daquel réxime, que seguiu presente na transición e segue presente hoxe en forma de políticos reconvertidos. Polo tanto, que este día sírvanos para honrar a tódolos mártires que morreron pola súa ideoloxía e a súa forma de pensar e para non esquecer esa páxina da nosa historia xamais.

1 comentário:

Anónimo disse...

Grazas por acordarte de Bóveda.

¡¡¡¡¡¡¡GALIZA CEIBE!!!!!!!!!!!!!1