"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Meses culturais (decembro, xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio)

| terça-feira, maio 26, 2009
Bueno, depois de moito tempo (de preguiza) vou actualiza-las pelis e os libros que vou lendo, para que non se me amontonen demasiado.

Libros:
  1. El Eternauta. H.G. Oesterheld. Espectacular banda deseñada, do melloriño que levo lido. Xunto a Maus, o meu preferido, e creo que gaña este.
  2. Harry Potter y las reliquias de la muerte. J.K. Rowling. Non tiña pensado lelo, pero un amigo convenceume e prestoumo. Creoq ue xa estou maior para Harry Potter, pero xa que lin os outros 6... Non me pareceu gran cousa o derradeiro libro da saga.
  3. Memoria de mis putas tristes. Gabriel García Márquez. Unha historia curta, ben contada e interesante.
  4. Dr. Jekill e Mr. Hyde. Robert Louis Stevenson. Encantoume esta mítica historia que aínda non lera.
  5. Traballo de campo. Seamus Heaney. Interesante obra da que non gocei na súa totalidade por ser quizais demasiado hermética para min (evidentemente ese problema é meu, non do libro).
  6. Robinson Crusoe. Daniel Defoe. Outro que me gustou moito. É xenial o xeito que ten o autor de non embarullarse a conta-la historia de Crusoe na illa, e ligar todo perfectamente.
  7. Diario. Anne Frank. Este diario magoa o corazón, por coñecérmo-lo destino dos seus protagonistas. Anne debulla o seu día a día, os seus conflitos e, sobre todo, o pensamento dunha moza da súa idade: a reclusión sobre si mesma e afastamento dos pais, o namoramento...
  8. Bailarei sobre a túa tumba. Berta Dávila. Pois en parte síntome identificado con esta novela. Coa protagonista, quero dicir, xa que eu tamén deixei Galiza e os amigos por ir a Madrid, e non é cousa doada o facelo. Ah, e tamén saio por Malasaña.
  9. El médico. Noah Gordon. Prestáronme este libro, e non me convenceu. Aínda así ten algún detalle de interese.
  10. Fin de século en Palestina. Miguel Anxo Murado. Impresionante! Só podo dicir iso. Palestina país de pedra.
  11. Berlín. Ciudad de piedras. Jason Lutes. Quedeime un pouco a medias con este cómic, quizais porque é a primeira parte dunha triloxía. Quedan moitos cabos abertos, así que haberá que le-los seguintes.
  12. 16 poemas galegos para Ernesto Che Guevara contra a súa morte. VV.AA. Moi interesante escolma de poemas encol do Che.
  13. Xornal de prisión. Ho Chi Minh. Este xornal de prisión son unha serie de poemas escritos polo Tio Ho nas prisións chinesas. Neles canta a todo, dende paisaxes, enfermidades e as condicións carcelarias ata á liberdade e compañeirismo.
  14. Blue Moon. Xosé Carlos Caneiro. É unha boa historia, mais é, para o meu gusto, demasiado preciosista, mesmo pedante. En ocasións isto desmerece a grande historia que conta.
  15. Crónicas de la Guerra Civil. Un poeta en el frente. Miguel Hernández. Unha faceta que descoñecía ata o de agora de Hernández. E gustoume moito.

Filmes:
  1. O Ciclo A Lingua animada: vinme tódolas curtas e destaco Os defuntos falaban Castelao e A escola das areas (que semella que aconteceu onte mesmo).
  2. Be Kind Rewind. 7,5.
  3. Superbad. 8. Que queredes... fíxome graza, non é a típica peli adolescente, ou si pero facendo graza.
  4. Iron Man. 5.
  5. The Faculty. 6. Esta foi en realidade a terceira vez que a vin. Bótana moito en Antena 3.
  6. Monty Python and the Holy Grail, 7.
  7. Wanted. 3.
  8. The Last Legion. 2.
  9. Get Smart. 4.
  10. Next. 3.
  11. Borat. 5.
  12. There Will Be Blood. 9. Fantástica, impresionante comezo. Impresionante escea cando o neno queda xordo.
  13. Zivot je cudo. 8. Non sei cal é o nome que empregaron en castelán porque vin o filme na tele e collino xa empezado. Un absoluto desparate, gustoume.
  14. Juno. 7.
  15. Bikur Ha-Tizmoret. 8.
  16. The Coversation. 8.
  17. Funny Games (1997). 8,5.
  18. Death of a President. 6,5.
  19. W. 6.
  20. Vera Drake. 7.
  21. Free Zone. 5.
  22. In the name of the Father. 9.
  23. My Beautiful Laundrette. 5.
  24. Before the Devil Knows You're Dead. 9.
  25. 4 luni, 3 saptamâni si 2 zile. 5.
  26. To Kill a Mockingbird. 8.
  27. The Diary of Anne Frank. 4.
  28. Porky's. 5.
  29. Man on Wire. 8,5.
  30. The Mist. 8.
  31. Vals Im Bashir. 9.
  32. Léolo. 6.
  33. Gomorra. 7.
  34. Slumdog Millionaire. 8. Inmerecido Oscar.
  35. The Curious Case of Benjamin Button. 7.
  36. The Wrestler. 9.
  37. Los cronocrímenes. 8.
  38. The Piano. 7.
  39. Swimming Pool. 6.
  40. The Assassination of Richard Nixon. 6.
  41. Monsieur Ibrahim et les fleurs du Coran. 7.
  42. Bedazzled. 5.
  43. Knowing. 5.
  44. Dragonball Evolution. 2.
  45. Futurama: Bender's Game. 8.

Música:
Biffy Clyro - Glitter and trauma


Biffy Clyro - Mountains


Biffy Clyro - Get Fucked Stud

2 comentários:

Tonho Randeeira disse...

Mira que coincidimos en cousas, pero dáme que a nosa visión do rock non se achega moito. Un saúdo.

Alberte disse...

Conste que eu son de heavy metal, pero Biffy Clyro é un grupo que me parece interesante. O ano pasado, tocaron nun festival ó que asistin, mais como daquela non os coñecía non lles prestei demasiada atención, aínda que quedei penasndo "estes non son malos". Por iso puxen os videos, para que xente que non os coñeza poida decidir se é do seu agrado ou non.

Por certo, nese festival tocou de xeito impresionante Rage Against the Machine, Serj Tankian e Metallica, que son os grupos que me decidiron a ir.