"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Media

| sábado, fevereiro 16, 2008
Ufff, estes días estou flipando coa clase de medios de comunicación que temos no estado español. Por unha banda son capaces de encumbrar un feito como os apupos á política franquista vasca María San Gil chegando a ser nova de apertura de telexornais, e esquecer clamorosamente que en Toledo ZP foi recibido por neonazis e fascistas, co saúdo fascista.

Vaia por diante que non me molou nada o que Agir fixo, máis que nada pola posibilidade que lle deu a San Gil para aparecer no martiriloxio. Creo que había outras opcións, a mellor, seguramente, era ir á conferencia e deixala en pelotas con preguntas intelixentes, aínda que tamén é certo que seguramente non lles deixarían entrar. É ben certo que se eu fora estudante da facultade e vira entrar a unha manada de gorilas armados na universidade pública (de momento a única irregularidade probada) seguramente anoxaríame e probablemente xuntaríame ás protestas (contra a presenza ilegal da policía, que non contra San Gil), que evidentemente e con tremenda gorilaxe acabaría en intres de tensión. Creo que na USC deberían asumir algún tipo de responsabilidade.

Amólame moito a actitude da política vasca que pretendeu facer campaña na universidade, e despois do incidente cargou duramente contra ZP (outros políticos teñen máis clase), esquecéndose de cando era ela a que insultaba ó seu paso ós políticos do PNV, como amosa a imaxe que ilustra esta entrada. Non é nada novo, todos sabemos o hipócritas que son. Segundo o xornal ultraconservador ABC: Dirigentes de PSE, PP y de «Basta ya», increparon a los nacionalistas y llamaron asesinos a los concejales batasunos de Andoain, que salieron protegidos por la Policía autonómica.

Por outra banda chámame moito a atención que a xente (cando menos a que escribe nos diarios dixitais) amose unha ignorancia tan supina, aceitando sen reparo e sen ver sequera as imaxes o que os medios estilo Correo Gallego, Libertad Digital ou El Mundo berran. Lin comentarios que me fixeron pór un pouco triste, xente avergoñándose de seren galegos (pola ilegalización de ideas, pola violencia de xénero, polos accidentes de tráfico, polo enxuízamento de mozos que queiman retratos do monarca, polo secuestro de revistas estou certo que non se avergoñan de ser españois) e numerosos insultos e desexos rastreiros, que agardo que na menor medida posible estiveran redactados por galegos.

Déixovos outras ligazóns interesantes:
- Análise de Vieiros
- María San Gil es una franquista, en A sueldo de Moscú.

11 comentários:

Anónimo disse...

Eu é que non sé exactamente que queres dicir con leste... texto. E iso que eu non teño nada que ver co partido da Señora San Gil.

Quitando que a agresión non ten ningunha xustificación, nunca, hai certa diferenza entre increpar a alguén - que é o vese na foto que puxeches-, e intentar agredir a alguén, que é o que fixeron os descerebrados da universidade galega. A ver cando se decatan os nacionalistas do pepino que en Democracia pódese defender o que se queira, a condición de que non se empregue a violencia.

Tampouco entendín o da responsabilidade da Universidade. ¿Que responsabilidade ten a Universidade en que catro descerebrados intentasen agredir a unha persoa? Porque imaxino que iso de que se permitise o paso ao interior da Universidade dos guardaespaldas dunha persoa que está ameazada por terroristas será choteo.

Ôo-~

Alberte disse...

Ola Santi. Si, entre increpar e agredir si que hai diferenza, evidentemente que a hai, mais todavía non consigo ver agresión ningunha á político vasca, só vexo momentos de tensión entre seguratas e estudantes (algún exaltado de máis, todo hai que dicilo), e algunha agresión inxustificada dos seguratas ós estudantes (nomeadamente dun segurata a unha estudante que estaba queda e de costas, á que lle agarra do pescozo e a empurra violentamente pra atrás). Tampouco podes igualar a miña opinión á do nacionalismo (ademais non son moi nacionalista: Galiza é unha nación, si, mais non baseo a miña ideoloxía no recoñecemento como tal de Galiza), xa que non tódolos nacionalistas galegos están de acordo comigo, e algúns nacionalistas españois si que están de acordo comigo (bastantes por certo, sorprendeume).

A facultade ten responsabilidade, ten. Non se pode permitir que unha universidade PÚBLICA sexa prostituída para empregar polo político de turno (calquera que sexa) en período de eleccións, neste caso para atacar ó goberno de aliarse con "nonseiquen" e acusar ó nacionalismo galego de "nonseiqué".

De todos xeitos, grazas por comentar. Un saúdo.

Anónimo disse...

Alberte,estou de acordo co que dis, especialmente co de que conseguiron meter a San Gil "no martiriloxio". E collendo as túas palabras: "Creo que había outras opcións, a mellor, seguramente, era ir á conferencia e deixala en pelotas con preguntas intelixentes".
O outro é quedar como energúmenos, con independencia de si levaban armas ou deron golpes os gardacostas.

Anónimo disse...

La foto está sacada en un pleno del Ayuntamiento de Andoaín en que se negaron a condenar el asesinato del jefe de la guardia municipal y militante del PSOE Joseba Pagaza. Las aludidas estaban subidas a unas sillas increpando al alcalde y concejales por su desverguenza y Imaz está entrando en el pleno en ese momento. NO LE ESTÁN INSULTANDO A ÉL. Mentís cual bellacos. Yo estuve allí y lo ví.

Lois disse...

Ya, muy bien. ¿Sabes por qué le protestaban e increpaban al entonces presidente del PNV? Por los actos del gobierno del PNV. Porque entendían que no habían protegido la vida de Pagazaurtundúa, sino hecho caso omiso de las amenazas que sobre el pesaban. Recien asesinado Pagaza, del PSOE, y en plena tensión del momento.

¿Y sabes por qué intentaban impedir que Díez, o Nadal, o San Gil hablaran? Por sus ideas. Para que no puedan expresarlas.

¿Te parece lo mismo? Pues ya te has definido.

Anónimo disse...

A min non me pareceu nada ben todo o que pasou.
Pero claro, un xa vai tendo memoria, e estas cousas pasaron a miudo sin que a dereita dixera nin mú. Ó contrario, cando Felipe González foi boicoteado nunha universidade (agora non recordo onde) o PP dixo que era consecuencia da súa política, etc. etc. E cando quixeron zouparlle a Bono, resulta que quixeron meter no cárcere ós policías que practicaron as pertinentes detencións...
En fin, resumindo: eu podo condear, e condeo sen paliativos, os intentos de agresión á señora San Gil. Pero o PP non ten autoridade moral para darnos ningún tipo de lección neste sentido.
Dijo eu.
¿Ou si?

Anónimo disse...

Lois, has dado en el clavo, es así exactamente, pero hay gente tan ciega que es incapaz de ver mas allá de sus narices.

Unknown disse...

Qué manera de tergiversar lo que realmente pasó

Alberte disse...

Boas, Lois. Pareceume moi indignante o que dis. É dicir que xustificas os insultos ó PNV porque "no habían protegido la vida de Pagazaurtundúa, sino hecho caso omiso de las amenazas que sobre el pesaban". É dicir, que lle están acusando practicamente de permitir un asasinato, non sei que dicir... quizais tiña que pórse o propio Imaz de gardacostas. Non sei en que medida se pode evitar que uns energúmenos poñan fin á vida dunha persoa, nin que capacidade ten para evitalo (non estando ETA definitivamenet desaparecida), mais paréceme unha calumnia horrorosa que retrata ben a quen as cuspe na fotografía. Menos mal que me curei de espanto nestes 4 anos.

Anónimo disse...

No es lo mismo. Esa foto se corresponde a un pleno del Ayuntamiento de Andoain despues del asesinato de Joseba Pagazaurtundua. En el mismo los Batasunos no condenaron el asesinato (excepto uno). Rosa Díez y María San Gil increpaban a Josu Jon Imaz porque Batasuma gobernaba (en minoría) con el apoyo del PNV. Parece mentira que compareis una cosa con la otra. Los incidentes de los últimos días han sido ocasionados por rojo-fascistas, no por demócratas. No es lo mismo. Y además lo sabeis, pero puestos a crispar… Además defender determinadas cosas a cara descubierta en Euzkadi es de valientes, hacerlo en Madrid o Barcelona (en muchos casos) es de cobardes.

Anónimo disse...

Vexo que é moi doado creer o que interesa, falar polo que se escoita ou le, pero antes de botar a língua a paseo hai que indagar, pensar, contrastar. Eu non etsba alí, xa non teño idade para estudar, pero si que me relaciono con moita xente, entre ela traballadores e estudantes da usc, estudantes non sospeitosos nin siquera de porse a gritar para manifestar o seu descontento, e o que realmente me conaron foi que a única agresión que houbo foi a dun opolicía que quitando a súa porra golpeou na mao a un compañeiro sen querer. Tan difícil é creer que os mozos que estaban alí, cos cales tampouco estou moi en sintonía, foran somentes a increpalos a eles e á usc por permitir este tipo de actos nun momento tan pouco axeitaso?
Que ninguén se enfade, pero creer sen contrastar, pensar.........non é de moi intelixentes que digamos