"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mes cultural (outubro)

| domingo, novembro 04, 2007
O período lectivo chegou! E iso nótase considerablemente na miña actividade de lector ou espectador.

Libros: Ningún. Onte comecei un do que lin 200 páxinas dunha panzada, mais terá que aparecer no mes cultural de novembro.

Filmes: poucos filmes, pero bos.
  1. Road to Guantánamo. 8.
  2. Alguien voló sobre el nido del cuco. Que dicir deste clásico. Pois iso, un clásico. 9.
  3. Millones. Fermosísimo filme, cheo de imaxinación. A orixinalidade da ollada dun neno. A verdade é que non agardaba que me gustara tanto. 9.


Música: en canto á música seguimos co acontecemento do ano, paa a xente coma min... o novo disco de Serj Tankian.

Serj Tankian - Saving us


Serj Tankian - Feed us


Serj Tankian - Lie, lie, lie

1 comentário:

Anónimo disse...

"Alguien voló sobre el nido del cuco" é, na miña opinión, unha magnífica película. Cando a vin, acordeime doutra estupendísima película titulada "Corredor sin retorno" (1963, Samuel Fuller). Se non a viches recoméndocha.
Bonitos vídeos, non coñecía a ese cantante.