Voume aventurar, aquí e agora, a realizar un prognóstico sobre os resultados electorais do 27 de maio en Salceda de Caselas.
Para iso hai que ter en conta, antes ca nada, a evolución do voto. Segundo os datos extraídos da Galipedia a evolución dende 1991 a 2003 é a seguinte:
Vemos pois que o PP vai en descenso dende o 95, baixando en 8 anos 16 puntos. Nesta lexislatura, ademais, o alcalde Chicho apareceu en diversos xornais (mesmo de tirada estatal) por motivos, como non, urbanísticos. Ésto, sumado a que non fixo nada (pero nada) en catro anos faime augurar que o PP caerá outros 10 puntos porcentuais, obtendo entre o 41 e o 45% dos votos.
O BNG pola contra sempre foi a segunda opción preferida dos salcedenses, subindo en cada elección. Ía subindo 5 puntos por elección, e mesmo nas eleccións de 2003 nas que o BNG a nivel galego baixou en votos subiu en Salceda. Pese a todo, a continua chegada de traballadores dende Vigo que atopan unha vivenda en Salceda preto dos polígonos industriais, vai favorecer ó PSOE. O PSOE polo tanto rabuñará algúns votos ó BNG, o que non lle vai impedir subir uns puntiños. Quedaría entón co 31-33%.
O PSOE como ben dixen vai subir. Quedaría porén en terceiro lugar con entre o 18 e o 25%.
Traducido a número de concelleiros creo que quedaría así: PP 6, BNG 4, PSOE 3. Perdería polo tanto o PP ante unha posible coalición sociata-bloqueira.
Estes son os meus prognósticos. Cando sexan as eleccións e resulte que o PP sacou maioría absoluta podedes mandar comentarios de bulra. Aínda así non creo que vaian moi lonxe os tiros.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
9 comentários:
Oxalá acertes no pronóstico. E para os veciño concellos de Tui e O Porriño, ¿que cres que pode pasar?
O caso tudense é moi complicado, porque os independentes van e veñen. Semella que se presentan por Tui 4 partidos de dereitas (PP, ACITUI, AT e o de Diz Guedes) moitos deles formados por escindidos do PP. O que penso que está claro é que o PP vai baixar notablemente en Tui (despois de andar metido en xuízos por irregularidades o actual alcalde Rocha). Polo tanto penso que o PP perderá a maioría absoluta (conquerindo 7 escanos, perdendo 2), o bng manterase nos 2 que teñen, o psoe subirá (1 escano, non máis, acadando os 3) e o resto do pastel reapartirano os independentes (sobre todo AT), facendo que probablemente goberne o PP xunto con algún dos partidos independentes.
Conste que me acabo de lanzar á piscina sen auga, porque non ando moi posto no tema de Tui.
O caso de Porriño é tamén difícil de prognosticar xa que nas anteriores municipais apareceron uns independentes facendo un espectacular resultado (case 30% dos votos con 5 escanos). O PSOE e os independentes xuntáronse co BNG para facer a Raíl Francés alcalde de Porriño. Dende que está éste a cousa mellorou, basicamente porque era difícil ir a pior. Recordemos que antes o alcalde de Porriño a única perspectiva que tiña para Porriño era que aparecera no Libro dos Récords por ter o alcalde máis gordo do mundo. O PP en Porriño vén rexistrando un descenso espectacular (pasou do 58% en 1999 ao 38% en 2003). Supoño que perderá un pouco máis, pero non moito, porque sempre hai un substrato pepeiro que é difícil que troque de opción. Aposto polos 6 escanos para o PP.
A decente xestión do alcalde bloqueiro (por certo, foi mestre en Salceda de Caselas) penso que fará subir ó BNG acadando os 4 escanos.
O PSOE que tamén está no equipo de goberno de Porriño subirá tamén nestas primeiras elecións municipais nas que ten que aparecer o efecto ZP. Obterían 3 escanos.
Os Independentes de Porriño, tamén no equipo mnucipal para non deixar gobernar ó PP (pese a que está formado, creo, por escindidos de éste partido), penso que baixarán, porque os resultados de 2003 foron demasiado impresionantes. Penso que quedarán con 3.
Deixo un escano libre para outro partido independente que puidera obter representación. O que non sei é cal dos outros 3 partidos obterían ese escano.
Coincido contigo en que os dous casos son complicados de aventurar, sobre todo pola inflación de listas independentes da dereita, e tamén polas extrañas relacións entre elas.
No caso do porriño creo que razonablemente PSOE e BNG deben subir, son goberno e como ben dis melloraron o feito por Barros malia non dispoñeren duns orzamentos propios nos catro anos. Aquí a cuestión chave e saber se o incremento dos dous socios de goberno vai acadar os nove concelleiros, e a resposta é que semella moi difícil, logo a cuestión volvera a ser que pactos hai, ou non hai para acadar a alcaldía, e tamén para gobernar.
No caso de Tui eu son máis pesimista respecto das opcións de PSOE e BNG. Hoxe PP ten nove e AT ten catro, eso si incompatibles os nove cos catro, e a irrupción de Diz Guedes pode incrementar a representación da dereita ou cando menos mantela. Ademais as propias listas do PSOE e BNG non levantan precisamente ilusións.
No caso de Salceda como xa che dixen oxalá teñas razón, pero semella que a perda que ten que experimentar o PP é moita.
Nos meus concellos, Ribadeo e Barreiros, todo quisqui pola rúa da por feito que os próximos alcaldes serán nacionalistas... eu quero créelo, pero cústame.
Eu deseo que non te equivoques, e se sucede, nin de coña facerei burla, en todo caso, poñeríame triste. Aquí, de momento non hai quen desbanque o pp, ¡E eso que vou de 2 polo bloque! je je, Todo se andará.
A ver se é certo...Por aquí parece que tamén vai pasar aljo parecido.
Suso, se vas de número dous na lista malo será que non saias... aínda que o de gañar ó PP semella difícil.
A verdade é que se funcionan as coalicións entre PSOE e BNG o PP pode perder moitas alcaldías.
chicho leva toda a vida en salceda (oínlle decir que para a seguinte lexislatura non se presentaria), malia que ultimamente cambiou cara concelleiros mais novos creo seriamente que pode chegar a perder ata dez puntos, polo menos espero que sexan máis de cinco. O psoe creo que non aumentará moito, pero teño grandes esperanzas no bng.
Enviar um comentário