"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mes cultural (marzo)

| domingo, abril 01, 2007
Aquí vai unha relación de filmes e libros que tiven a oportunidade de desfrutar no mes de marzo. Ademais inclúo unha recomendación musical. Tentarei facer esto cada principio de mes.

Libros
A verdade é que este mes foi un pouco pobre en canto á lectura de libros (só lin un), aínda que tamén se debe a que estou a rematar un bastante tocho que me levou boa parte do mes e que aparecerá no próximo mes cultural.

  1. O libro que lin é Campos de Castilla y otros poemas de Antonio Machado. Eis aquí o poema seguramente máis coñecido:
Caminante, son tus huellas
el camino, y nada más;
caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace camino,
y al volver la vista atrás
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante, no hay camino,
sino estelas en la mar.






Até a proxima.

4 comentários:

Anónimo disse...

As lecturas (como todo o bo neste mundo)non é cuestión de cantidade, ler a Machado é un pracer que un pode (debe) prolongar ao máximo. Ese verso é como o Xénese.

Ninsesabe disse...

Machado é o meu poeta de cabeceira. Téñoo enriba da mesiña de noite (tamén a Miguel Hernández) dende fai tempo. Sempre leo aljo del, e nunca me canso.

Anónimo disse...

ummmmm, ¿Galatasaray-Depor? Esa peli non a vin.

Alberte disse...

Pois non está mal. Son catro historias en catro puntos distintos de Europa (un deles Santiago de Compostela) que teñen varios puntos en común: un é o día (día da final da Champions entre Depor e Galatasaray) e outro é o roubo, tratado de distintas maneiras dependendo da historia. Recoméndoa.