"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Outra

| sábado, fevereiro 03, 2007
Ídesme perdoar, pero hoxe xa non tiven estómago para ir á manifestación "contra" ETA que convocou o Foro de Ermua. Todo fai apuntar a que foi aínda máis extremista se cadra que a anterior á que fun. Celebráronse manifestacións simultáneas en Barcelona, A Coruña, Pontevedra, Vigo, Las Palmas de Gran Canaria e Ibiza.

Cando o temporal político amainaba, veñen estes a meter bronca. Co pouco que lle gustaban as manifestacións, e agora non paran. Se pensan que así van a gañar algo, penso que se trabucan.

(Nas fotos: a xuventude manifestándose. Sacadas de El mundo).


3 comentários:

Anónimo disse...

Tendo en conta a coincidencia eu iría a do Orgullo Zombi ... que daba menos medo.

Anónimo disse...

Dende logo, cada vez dan máis noxo.

xOsedorrio disse...

estes herdeiros de golpistas non fan mais que golpear unha e outra vez o goberno do Estado. Un pouco de respeto as institucións! - pedían algúns a semana pasada... e logo velos ahí a todos, manifestandose contra o goberno elexifo por todos.