Hoxe decidinme a mercar o libro "Me llamo Rojo", de Orhan Pamuk, que me recomendara un leitor deste meu blog. Para que saibades que o que poñades nos comentarios vai a misa. Despois de mercalo decidín achegarme á manifestación da AVT. Serían as 18:15 e xa non había case xente. Non debeu ir moita... se até se ía ben no Metro!
Outra cagada do PP, que agora foi demasiado lonxe da man da AVT, e xa non ten retorno. Que pasaría se á seguinte decidiran non asistir? O dito, xa non teñen volta atrás.
Por certo, agora podedes lerme no xornal A Peneira, edición Louriña, sección cultura.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Grazas polo teu comentario. Tamén gosto deste espazo. Parabéns, virei por aquí a cotío.
Ana BB.
Enviar um comentário