Todo sexa polo blog. Decidínme a informarvos da manifestación da AVT dende dentro, con dous collóns.
O primeiro de todo dicir que a manifestación a convocaba a Asociación de Víctimas del Terrorismo, unha agrupación fascista disfrazada de asociación para recibir fondos do Estado.
Na manifestación diría eu que habería trescentas mil persoas, aínda que pasei ó lado dun destes que van controlando á xente e dicía que había máis de 2 millóns de persoas (?). A maioría dos manifestantes eran vellos nostálxicos, pero tamén vin pighos e falanxistas. Está claro que nunca na vida estiven rodeado de tal marea reaccionaria. Non creo que Galiza sexa así, a pesares de que tivéramos 16 anos a Fraga.
As bandeiras eran maioritariamente monárquicas, pero tamén se deixaron ver as bandeiras co polo, ante a pasividade das "vítimas". Algunha que outra bandeira asturiana e catalana. Ningunha galega (yuhuuu).
Na manifestación intentei poñer a orella todo o que puiden. Déixovos algunhas xoias do que ouvín (facendo memoria):
Consignas lanzadas:
- Rubalcaba muérete.
- Zapatero vete con tu abuelo. Zapatero traidor. Zapatero embustero. Zapatero dimisión.
- ¡Viva España!... ¡Viva!
- España, España...
- Kale borroka, patada en la boca.
- Otegi, cabrón, la bomba en tu salón.
- Euskal presoak, cámara de gas.
- ¿Donde están no se ven, los golpistas de la Ser?
- O himno español con letra.
- España 1 y no 51.
- España unida jamás será vencida.
- Queremos saber.
En conversacións:
- El abuelo de Zapatero era un masón y lo mataron los republicanos por traidor.
- Si no es por César Vidal y por Federico no nos enteramos de la mitad de lo que hacen.
- Sois unos mal pensados, los de TVE vinieron, pero se quedaron atascados en una zanja de Gallardón (en tono de coña).
- Al final se acabará sabiendo quién hizo el encargo del 11-M.
Actualización:
-Hai outro que como eu infiltrouse para tomar a temperatura da manifestación. A súa crónica é máis en clave de humor. E fotografiou ó mesmo rapaz que eu! Que casualidade habendo alí 1.300.000 persoas (jeje).
-Para ver máis fotos, aquí (non son miñas).
-Se non vos credes as consignas lanzadas que expoño máis arriba podedes miralas en vídeo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
7 comentários:
espeluznante!
Con dous collóns... e un bó estómago pra aguantar o ambiente, supoño.
Eu creo que un dia destes irei en autobús a unha manifestación dos Peperos. Páganme un viaxe a Madrid en bus e danme un bocata ¿por que non ir? xD
Por certo, a manifestacion era en contra de... a favor de... ou que
ATV=Mafia=Franquistas=Legionarios de cristo
Pois si que lle botaches valor... eu non saio de aí enteiro.
1. Realmente espeluznante, si.
2. Tamén lle botei estómago, aínda que xa ía sobre aviso. O que non me esperaba é atopar á falanxe por alí solta e que ninguén dixese nada.
3. Pois a manifestación era en contra da paz e por desgastar ó goberno. Polo menos é o que penso.
5. Eu tamén dubidei de se saía enteiro, sobre todo cando algunha vella me miraba de arriba abaixo varias veces polas pintas que levaba. O que é seguro e que se digo que son independentista morro no acto, incluso se digo que Zapatero mola.
...vaia valor!!!
Habería que xuntar ás hostes do Metal e facerlle fronte a tanta escoura!!!
Dame vergonza ver que se permite este tipo de manifestacións... e logo os reaccionarios somos os de esquerdas!!!
Un Saúdo..e gracias polo blog, é unha chulada!
XD
Enviar um comentário