Cúmprense hoxe, exactamente, 31 anos da morte do vigués Xosé Humberto Baena Alonso. Foi fusilado por un réxime que morría matando, que non se resignaba a desaparecer sen máis. O 27 de setembro de 1975, os derradeiros asasinados do franquismo: Xosé Humberto Baena (membro do FRAP), José Luis Sánchez Bravo (outro vigués, membro do FRAP), Ramón García Sanz (FRAP), Juan Paredes Manot alias Txiki (ETA) e Antonio Otaegui Etxevarría (ETA) eran fusilados pese as reaccións en contra surxidas en gran parte do mundo.
O franquismo quería amosar que non estaban debilitados e que Franco asinaba sentenzas de morte tan ben como de costume.
Xa sen máis, quero evocar a lembranza destes fusilamentos que non son suficientemente recordados debido a unha política de "mirar atrás es abrir heridas". Eu diría que hai que pechalas.
Para saberdes máis sobre a morte de Xosé Humberto Baena mirade a entrevista realizada á súa irmá, publicada en Vieiros.
Tamén esta reportaxe realizada pola Voz de Galicia.
Tamén podedes botarlle unha ollada ó auto que desestima un recurso de amparo solicitado pola nai de Xosé Humberto.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Entenderia mejor lo que dices, si escribieses en castellano, pero por lo que puedo descifrar creo que hay mucho rencor y resentimiento aqui, y eso no es bueno para NADIE NI PARA NADA y especialmente para ti.
Enviar um comentário