"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

Mentes criminales

| quinta-feira, julho 13, 2006
A peor serie que levo visto en bastante tempo é a americanada Mentes criminales. As personaxes protagonistas semellan ser caricaturas e os malos son moi malos malísimos.

O xefe é o que máis me fai rir. O actor non está moi dotado para a interpretación (case non lle percibo movemento facial). Pese a que ten pinta de ser algo lerdo sempre lle manda un Eurípides dijo... ou un Oscar Wilde dijo... coma se vivise con todos eles e lle tivera collidas todas as súas declaracións. Se lle preguntas o que dixo Perico dos Palotes tras divorciarse da muller seguro que tamén o sabe. Personaxe pouco crible, ou máis ben incrible.

Hai un que é intelixente (que non listo, senón máis ben parvo) que sempre se está a laiar de que non liga. Quizabes cando o seu peiteado deixe de ser a lamida dunha vaca entón...

Outra que é unha caricatura é a informática. Mentalidade de 9 anos pero que controla de ordenadores. Ponme dos nervios.

Ó mellor os preguntades: se non lle mola a serie como é que sabe tanto dela?
Resposta: é mala con ganas pero non botan nada na tele.

Conclusión: Que poñan Perdidos xa!!

3 comentários:

Anónimo disse...

oioioioioioi!
pero como podes dicir do Patinkin esas cousas??? que non está dotado para a interpretación??? ai mi madriña!!!
Que parece lerdo??? Que non hai expresión facial???? Pero ti viches como expresa cos ollos todo o tormento que leva por dentro a personaxe?
O outro non é intelixente, é superdotado, e non é parvo, senón que ten unhas grandes carencias afectivo-sociais derivadas do ser superdotado.
García, a informática, desfruta do seu traballo, non creo que iso sexa sinónimo de ter unha mentalidade de 9 anos.
oioioioi, totalmente en desacordo contigo!

Alberte disse...

Tes razón igual me pasei un pouco, pero a verdade é que o xefe non me gusta nada como actúa, parece estar labrado en pedra. E iso que o actor creo que ten un Grammy.

Para dicir que García parece unha nena de 9 anos baséome no capítulo no que xoga on-line cun tipo que resulta ser un asasino en serie (que casualidade). O como se comporta despois de recibir a reprimenda do xefe (como sempre sen mover a cara) lévame a dicir que parece unha nena de 9 anos que non asume as consecuencias dos seus actos. Grazas por opinar. Eu sígote con frecuencia, xa que tes un blog moi interesante.

Anónimo disse...

Gideon é unha persoa atormentada polo seu pasado, extremadamente intelixente e sensible, eu case diría que é un psicópata en potencia, un psicópata que se pasou ao lado dos bos e que loita contra outros coma el, sabedor do mal que poden chegar a facer e coñecedor dos razonamentos da xente que está tarada... por iso, na miña opinión, a personaxe que interpreta Patinkin é tan pouco expresiva, está en constante contención para non expresar por medio de xestos todo o que leva por dentro... iso tendo en conta o que ti dis, porque para min si que xesticula, e moito... a próxima vez que o vexas fíxate na forma tan peculiar e xesticulante (case incluso diría que artificial) que ten de camiñar, por exemplo...
Graciñas por pasar pola miña páxina.
Unha aperta.