Como facer un reparto made in iuesei para unha serie de éxito
|
segunda-feira, julho 24, 2006
Para explicar como facer un reparto "made in iuesei" para unha serie de éxito voume basear nas exitosas series CSI, Medical Investigation e Mentes Criminais.
1. O xefe: varón de raza branca. Entre 40 e 50 anos. Sabe perfectamente o que facer e nunca se trabuca. Están dotados de sentimentos que non expresan. Viven para o traballo, non traballan para vivir. Ex: Grissom, Horatio, Dr. Stephen Connor. Tamén se podería incluír ó doutor House.
2. A loira: resulta case obrigatorio que no reparto estea unha loira curriña ela que polo seu aspecto pode darse por suposto nun principio que é algo tontiña. Así pois ten que demostrar a súa valía. A de CSI Las Vegas, a de Mentes Criminales, etc.
3. Outro que non falta é o afroamericano: Adoita ser un home novo que é valiente.
4. O intelixente: Sempre hai un rapaz novo moi intelixente.
5. Por último adoita haber unha muller de caracterización algo difusa. Nalgún punto do capítulo amosa o seu enxeño e o seu dereito a estar aí.
Vendo que moitas series coinciden polo menos en 3 dos 5 puntos medra o mérito que ten unha serie como Perdidos, na que o número de personaxes é bastante alto e a súa caracterización é impresionantemente complexa, polo que é nos seus flashbacks cando se comprenden as súas actuacións. Que a poñan xa!
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário