Este é o meu centro de operacións, este é o lugar dende onde escribo o meu blog, basicamente porque é alí onde teño a computadora. Ademais diso é o lugar onde paso máis tempo cando estou en casa, xa que tamén é onde estudo, leo ou vexo a tele.
O meu centro de operacións está formado, como se ve na fotografía, por:
-Pantalla, con fondo dun coche de rallies, e altofalantes para escoitar boa música (arriba á esquerda).
-Cabo da pantalla atópase unha foto miña co meu can (eu son o da dereita).
-Máis á dereita, xunto ó flexo, está a televisión. No momento de sacar a instantánea visualízase unha canle portuguesa (míroas case mellor cás españolas).
-Baixo da pantalla pode verse o libro que estou tentando acabar nestes momentos: La guerra civil española de Antony Beevor.
-Baixo do teclado pode verse a impresora e ó seu carón intúense os meus devedés, entre os que destacan as tres extendidas de El señor de los anillos e Sempre xonxa.
A verdade é que nese cacho do meu cuarto teño case todo o necesario para vivir e dame bastante pena, e sobre todo moita preguiza, ter que levalo para Madrid, co perfectamente colocado que o tiña. Pero cando un inicia unha vida nova ten que cambiar os seus "dogmas" e costumes. E iso non é malo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Que lindiño este post...
Xa nos veremos na rota A6.
Enviar um comentário