"As letras fuxen, esquécense, pero hoxe conseguín pór parte de min nesta proclama."

| sábado, julho 07, 2007
Impresionante reportaxe de Jon Sistiaga, onte en Cuatro, sobre a Corea do Norte. Un país do que pouco coñecemos debido ó seu hermetismo e que ten absolutamente "alienados" ós seus cidadáns. Un país que se debe á Defensa, que ten estradas de 5 carrís para que pasen os tanques e onde os desfiles militares recordan bastante ós desfiles nazis. Un país pechado ó foráneo (non vaia ser que os contaminen) e pese a todo vive da axuda alimentaria da ONU... malvive máis ben. Grandes mentiras son as grandes verdades do réxime (o líder escribiu miles de libros, o líder expulsou ós xaponeses, os coreanos inventaron a bomba atómica...).

Sinceiramente abraioume a reportaxe dun país tan descoñecido como é o norcoreano. Agardo ansioso máis reportaxes coma este.

Vídeo

3 comentários:

Suevo disse...

Vaia, non me enterei :( e tiña ganas de velo.

Non saberás cando o volven a emitir, ou se cadra o gravaches?

Anónimo disse...

Pois mágoa... nin o gravei nin sei se o volverán emitir. En todo caso deberían facelo, do mesmo xeito cós demais reportaxes de Jon Sistiaga, que me perdín algún coma un que trataba o "asunto" de Guantánamo.

Suevo disse...

Xa o atopei no Emule alberte, se cadra tamén anda por aí o de Guantánamo.

Saudos.